Manifestación este domingo contra a macrocentral do Xistral: “vén sacar beneficio e deixar pobreza”

Segundo a Plataforma, esta obra deixará entre outros impactos, as "balsas previstas, de 20 metros de altura, que estarán a 50 metros das casas", ademais dos "túneles que alí se van construír".


A Plataforma de Veciños Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica do Xistral convocou unha manifestación este domingo, 13 de marzo, no Valadouro contra esta infraestrutura de Atalaia Xeración que afectará a este municipio e a Alfoz.

A manifestación partirá ás 9,00 horas da parroquia de Vilacampa e irá nun percorrido de 9 quilómetros ata a de Recaré, onde se lerá un manifesto sobre as 13,00 horas. A marcha farase a pé, a cabalo e en bicicleta.

Andrés Vidal, un dos portavoces desta plataforma, denuncia que esta central hidroeléctrica só beneficará á propia empresa embarcada neste proxecto, que “vén unicamente, como fan todas as eléctricas, a sacar beneficio e deixar pobreza sobre o terreo”.

Entre outros impactos, alerta das “balsas previstas, de 20 metros de altura, que estarán a 50 metros das casas”, ademais dos “túneles que alí se van a construír”.

Igualmente, advertiu de que “o aproveitamento da auga vai sobre o río Ouro, pero hai máis ríos afectados como o das Balsadas ou o río Vilacampa que abastecen de auga a Ferreira do Valadouro“. Incluso este “alto nivel de afectación” estenderase ao Concello de Foz, onde tamén toman auga para a captación do río Ouro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here