San Martiño de Mondoñedo atrae excursións universitarias e de centros educativos

Alumnado de Historia da Arte de Barcelona visitou o monumento, así como unha delegación da titulación de Turismo da Coruña

Visita de estudantes da Coruña ao centro de interpretación de San Martiño.

A basílica de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz, recibiu nas últimas semanas a visita de alumnado universitario e de varios centros educativos.

Segundo informou o goberno municipal, por Foz pasaron alumnos de Historia da Arte de Barcelona, que se achegaron ao centro de interpretación da basílica da man de Manuel Castiñeiras, experto no románico.

Tamén visitou o monumento e maila oficina A Mariña Virtual, ubicada no Cenima, alumnado da titulación de Turismo, procedente da Coruña.

Outra das excursións que Foz recibiu nos últimos días foi a do Ceip Plurilingüe de Xermade.

RECURSO “IMPORTANTE”

O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, mostra a súa satisfacción porque “este é un recurso moi importante para nós, sobre todo en épocas coma esta”.

O rexedor afirma que tanto o centro de interpretación como a oficina virtual “son ferramentas que se puxeron ao servizo de todos o ano pasado e están funcionando, a verdade que notamos un gran cambio”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here