A Asociación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo participará na manifestación do 5 de xuño a prol dunha nova política enerxética

Tamén organizarán unha "recollida de lixo na Praia das Illas en Ribadeo para chamar a atención sobre o necesario compromiso de todos e todas nós de mantermos limpas as nosas praias ao longo do ano".

Fotografía dun parque de enerxía eólica. EFE/LUIS VILLALOBOS

A Asociación Cultural Francisco Lanza participará na manifestación convocada para este domingo 5 de xuño en Santiago de Compostela a prol dunha política enerxética non especulativa. A petición desta concentración é unha política enerxética sustentable que garanta a conservación do noso patrimonio natural e paisaxístico.

Esta asociación cultural ribadense conta con cincuenta anos de historia e desde ela queren animar ás persoas “con sensibilidade ecoloxista” a participar na mobilización.

Por outra banda, tamén este domingo ás cinco da tarde, realizarán un acto con motivo do Día Mundial do Medio ambiente. Será unha “recollida de lixo na Praia das Illas en Ribadeo para chamar a atención sobre o necesario compromiso de todos e todas nós de mantermos limpas as nosas praias ao longo do ano”.

Tamén se fará unha lectura de textos de autores e autoras galegas “evocando esa necesaria conciencia recolóxica“. Para anotarse hai que enviar un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com e levar un texto propio falando do tema.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here