Os pensionistas de Barreiros volven á rúa por décima semana

Os xubilados reivindican pensións dignas e o dereito á xubilación con 65 anos

Protesta en Barreiros polas pensións. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O Colectivo de Xubilados e Pensionistas de Barreiros concentrouse un xoves máis diante do consistorio. Hai dez semanas que a asociación se mobiliza deste xeito en defensa dunhas pensións dignas.

O dereito á xubilación aos 65 anos; a derogación das reformas laborais; unha pensión mínima que sexa igual ao salario mínimo interprofesional; ou a blindaxe do sistema público de pensións son as reivindicacións do colectivo. Para iso, sinala a agrupación, “só fai falla vontade política, pois non é un problema económico o que impide ao Goberno central” atender estas peticións. “Estamos aquí para poder vivir unha vida digna, pero tamén para que o podan facer os que veñen detrás, os nosos fillos e os nosos netos”, explicaron nun discurso. 

Os xubilados barreirenses emprazáronse a unha nova xuntanza, que será o xoves 31.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here