InicioMovementos SociaisAs Towanda Rebels falarán en Viveiro sobre a mercantilización do corpo das...

As Towanda Rebels falarán en Viveiro sobre a mercantilización do corpo das mulleres

Coñecidas polo vídeo viral #HolaPutero, as activistas presentarán o martes un ensaio sobre o feminismo nun acto organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade

Publicada o

- Advertisement -

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade organizou para o martes 5 de febreiro unha charla con Teresa Lozano e Zúa Méndez, as Towanda Rebels. As activistas do femismo falarán da mercantilización do corpo das mulleres no consistorio de Viveiro, ás 20.30 horas.

Towanda Rebels está a presentar o libro ‘#HolaGuerrera‘, que defende a necesidade da revolución feminista. O dúo fíxose célebre polo seu vídeo #HolaPutero, no que se dirixen aos clientes da prostitución. A peza audiovisual superou as 850.000 visualizacións en Youtube.

Towanda Rebels veñen de participar nun obradoiro de formación do profesorado denominado ‘Comunicar en Igualdade‘ impartido en Lugo, así como nun programa de educación en igualdade que se está a desenvolver no IES Politécnico de Vigo.

Tamén está previsto que visiten o CIFP Porta da Auga e o IES Dionisio Gamallo dentro das actividades do Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo.

ACTO ABERTO

O Observatorio convida a todas as persoas interesadas a acudir a este relatorio, no que se abordarán algunhas das reivindicacións feministas do vindeiro 8 de marzo, día internacional das mulleres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...