O Vicedo e Xove acollen encontros para organizar as reivindicacións feministas

A asociación Galegas 8M convida a participar nos actos abertos, ambos o vindeiro sábado

Manifestación do 8-M en Burela. OBSERVATORIO
Este sábado, 9 de febreiro, haberá dous novos encontros de Galegas 8M na Mariña Lucense, no Vicedo e Xove.
O primeiro deles será na casa da cultura vicedense, no primeiro andar, a partir das 12.00 horas.
O encontro en Xove será en horario de tarde. Comezará ás 19.00 horas, na aula de formación do Concello.
Os temas a tratar versarán acerca da organización dos actos relacionados co 8-m tanto na comarca da Mariña Lucense como o acto que terá lugar en Lugo o vindeiro 3 de marzo, e que congregará o feminismo galego.

COLOQUIO INFORMATIVO

Así mesmo, desenvolverase un coloquio informativo acerca das reivindicacións para o 8-m, o papel dos homes na folga e as características da folga de consumo, de coidados e
estudiantil, entre outras temáticas.
O colectivo anima a participar nestes encontros a todas as mulleres da comarca, baixo o lema: “por todas as mulleres, por todos os dereitos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here