Só dous dos 46 centros educativos da comarca teñen nome de muller

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade felicita á EOI de Viveiro, que honrará a Luz Pozo Garza

Cartel do evento na EOI de Viveiro.

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade felicita á Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Viveiro, que dentro da campaña #NomearnosEnLila decidiu cambiar o nome do centro para homenaxear á escritora mariñá Luz Pozo Garza. Con todo, o colectivo feminista lembra que só dúas das 46 institucións educativas da bisbarra teñen nome de muller.

Con #NomearnosEnLila, a agrupación quere corrixir este desequilibrio e promover a escolla de nomes femininos en edificios, rueiros, asociacións, fundacións ou centros escolares. Neste senso, considera que a EOI se sitúa así “na vangarda do feminismo na educación, guiando á xente moza nos camiños da igualdade real entre homes e mulleres”.

ACTO DE RENOMEAMENTO

Este xoves, desde as 19.00 horas no salón de actos da EOI de Viveiro, terá lugar un acto de celebración do renomeamento do centro. O alumnado da escola lerá en varios idiomas poemas da homenaxeada, Luz Pozo Garza, que asistirá ao evento.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here