A plataforma sanitaria asesorará aos usuarios no Hospital da Costa

A unidade móbil informará aos interesados sobre os seus dereitos e axudará con reclamacións

Hospital da Costa. AXM

O vindeiro martes, a Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións (UMAR), que impulsa a Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña, estará de 11.00 a 13.00 horas á entrada do Hospital da Costa.

A iniciativa da plataforma mariñá pola sanidade cumpre tres meses. Todas aquelas persoas interesadas en realizar unha reclamación por algunha deficiencia no servizo público sanitario obterán asesoramento na mesa informativa.

INFORMACIÓN

A oficina móbil tamén atenderá dúbidas que os usuarios teñan no tocante á asistencia sanitaria, derivacións cara outros centros públicos ou privados, tempos de espera para consultas, probas diagnósticas ou intervencións, incumprimentos da nova lei de garantías sanitarias ou calquera outra cuestión que desexen consultar.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here