A loita pola oficialidade do galego de Asturias faise notar en Xixón

Miles de persoas participaron este sábado na manifestación para garantir os dereitos lingüísticos dos falantes das linguas propias da comunidade

Manifestación en Xixón. XUNTA POLA DEFENSA DA LLÍNGUA ASTURIANA

Miles de persoas participaron este sábado na manifestación celebrada en Xixón para reclamar a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano na vindeira lexislatura.

“Os nosos representantes políticos non poden seguir mirando ao pasado. É inaceptable, é irresponsable e, sobre todo, é inxusto. Aquí estamos para recordárllelo. Resúmese nunha palabra: Oficialidá!”, sinalaron desde a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, que leu o manifesto da mobilización.

DEREITOS LINGÜÍSTICOS

“As forzas que saian das eleccións autonómicas de maio teñen que asumir dunha vez a obriga que lles corresponde: conservar as nosas linguas propias e garantir os dereitos lingüísticos dos falantes. E iso na Constitución chámase oficialidade”, remarcaron.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here