Centos de persoas protestan contra o “desmantelamento da sanidade pública”

A xunta de persoal criticou o peche de camas no verán, que "beneficia ás empresas privadas"

Momento da manifestación no Hospital da Costa de Burela. AXM

Centos de persoas concentráronse fronte ao Hospital da Costa trala convocatoria de protesta en varias localidades galegas realizada polo colectivo SOS Sanidade Pública, para manifestarse contra “a corrupción do PP”.

A Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña leu un comunicado que denunciou a centralización dos servizos sanitarios, pois entenden que o Goberno galego “está a desacreditar e debilitar o sector público para facilitar a penetración do sector privado en detrimento da saúde da poboación e das arcas públicas”

Tamén houbo críticas á supresión da área sanitaria da Mariña logo da reforma da Lei de Saúde. ‘A privatización é corrupción’, ‘Desmantelan a pedazos, xa non temos marcapasos’ ou ‘Cirurxía vascular sen ter que viaxar’ foron algunhas das consignas que berraron os manifestantes, que acabaron a protesta coas mans en alto para simular un atraco.

Protesta da xunta de persoal do hospital. AXM

Pola mañá, integrantes da xunta de persoal manifestáronse fronte ao hospital contra o “peche de 30 camas no verán“, “que aumenta as listas de espera e dá negocio ás empresas privadas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here