A Mariña loce a bandeira multicor no Día do Orgullo

Os gobernos locais e a veciñanza de Barreiros, Viveiro, Foz, Lourenzá ou Ribadeo reivindicaron a igualdade e diversidade con diferentes xestos simbólicos

Cinco concellos da Mariña sumáronse este venres á celebración do Día do Internacional do Orgullo LGTB con diferentes xestos simbólicos.

Barreiros, Foz, Viveiro, Ribadeo e Lourenzá sacaron a bandeira multicor aos balcóns dos consistorios e a diferentes edificios e espazos publicos para reivindicar a igualdade e a diversidade nunha data que lembra as primeiras manifestacións en favor dos dereitos do colectivo nun barrio de Nova York en 1969.

BARREIROS

O balcón e a casa consistorial de Barreiros luciron desde primeira hora da mañá as cores da bandeira LGTB. Á concelleira de Igualdade, Montse Porteiro, leu un manifesto, coa intervención da alcaldesa Ana Ermida, acompañadas pola veciñanza.

FOZ

Amais da casa do Concello, que reuniu á veciñanza arredor das bandeiras LGTB e transxénero,  todos os edificios públicos sacaron a insignia multicor as fiestras e balcóns.

VIVEIRO

Concello de Viveiro descubriu unha praca conmemorativa nun dos bancos pintados coa bandeira transxénero na Praza da Habana Vella. A lámina inclúe o logo da Asociación de Familias de Menores Transexuais Chrysallis, que estiveron presentes no acto.

Inauguración dunha placa en honra de Chrysallis en Viveiro. AXM

A localidade conta desde o pasado mes de maio con diferentes asentos pintados coas cores identificativas dos colectivos LGTB e transxénero.

RIBADEO

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Ribadeo volveu sumarse a esta data reivindicativa pendurando a bandeira do colectivo LGTB no balcón do consistorio.

Pero as veciñas de Rinlo tamén se fixeron eco da relevancia da data coa gravación deste vídeo.

#Orgullo

En #Rinlo estivemos a traballar con moito cariño para o día do #OrgulloLGBT en #AquíComaDe20 tamén estamos #orgullosas e #orgullosos Concello de Ribadeo A Nasa Rinlo Ribadeo Muller Cultura Ribadeo Sonia Meilan Vizoso Vanessa Yanes Chabeli Gonzalez Socorro Fraga Rinlo " A MIRANDILLA" Ramona Rodriguez María Soledad Gómez Fernández Consuelo Joglar Rodriguez Pedro Fernandez Del Rio Boneca Magüeta Animación Fernando Suárez

Publicada por Aquí?. Coma de 20 en Miércoles, 28 de junio de 2017

 

LOURENZÁ

O consistorio laurentino tamén se engalanou este venres coas cores identificativas do movemento LGTB.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here