InicioMovementos SociaisDenuncian que o Sergas eludiu facer seguimento dunha operación derivada a un...

Denuncian que o Sergas eludiu facer seguimento dunha operación derivada a un centro privado

A plataforma sanitaria advirte que só hai pactada unha revisión por intervención e mostra o caso dunha paciente que debeu acudir á Valedora do Pobo

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña denunciou o caso dunha paciente  cunha artrosis no ombreiro dereito que foi derivada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) a un centro privado para a operación que precisaba e que só recibiu seguimento da intervención cirúrxica tras presentar unha reclamación ante a Valedora do Pobo.

O colectivo expón que a paciente, L. M. R., de Rinlo, pasou polo quirófano en xaneiro de 2018, unha intervención máis complexa do previsto, xa que a doenza afectaba ao labrum da articulación do ombreiro. A doente foi citada para retirar os puntos e, aos dous meses, para un control postcirúrxico. Despois desta consulta soubo que rematara o proceso, posto que, segundo denuncia a plataforma sanitaria mariñá, o Sergas só ten pactada unha revisión das intervencións que deriva aos centros privados.

Segundo asegura a plataforma, a paciente pediu daquela cita para revisión con Traumatoloxía, solicitude denegada posto que no informe do centro onde foi operada non especificaba que tiña que ter seguimento médico. A doente contactou entón coa Valedora do Pobo, que admitiu a súa reclamación.

Finalmente, a paciente recibiu cita de control e seguimento do seu proceso para o vindeiro 22 de xuño no servizo de Traumatoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

O colectivo mariñao considera “vergoñenta” a situación e asegura que se trata dun caso de “corrupción sanitaria”.

Veciños de Valadouro e Alfoz reclamaron un servizo de pediatría. AXM

VALADOURO E ALFOZ RECLAMAN PEDIATRA

Veciños e veciñas dos municipios de Valadouro e Alfoz solicitaron no centro de saúde valadourense, a onde se desprazou a unidade de asesoramento ás reclamacións da plataforma sanitaria, un servizo de Pediatría para a zona. Na actualidade, deben desprazarse ata Foz, onde hai unha soa profesional con reducción de xornada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...