Doce exemplos da creatividade das mulleres na cociña protagonizan a axenda 2020 do Observatorio

O colectivo pretende resaltar unha ducia de referentes femininos para as vindeiras xeracións

Axenda do Observatorio. AXM

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade editou unha nova edición da súa axenda feminista, para dar a coñecer a traxectoria dunha ducia de mulleres en diferentes ámbitos; neste 2020, visibilizarase o talento e o traballo de doce cociñeiras.

Galegas entre fogóns‘ pretende aunar o valor da cociña máis tradicional coa vangarda e servir de ferramenta para reivindicar a creatividade das mulleres na gastronomía, así como sinalar referentes femininos neste sector para as vindeiras xeracións.

Desde o Observatorio resaltan que “sendo a cociña unha actividade tradicionalmente asignada ás mulleres, estas son relegadas á casa e non á actividade profesional cando esta actividade se capitaliza“.

A axenda está á venta en Aira das Letras (Allariz), Bico de Grao (Lugo), Casa das Letras (Ribadeo), Eco Espazo Vitrol (Sarria), Librería Bahía (Foz), Libraría Lila de Lilith (Compostela), Librería Paz (Pontevedra), Librería Suevia (A Coruña), Librería Trama (Lugo), Moito Conto (A Coruña), Nobel Espazo Lector (Burela), Papelería Cartafol (Arzúa), Porta da Vila (Viveiro), Punto e coma (Carballo e Ourense).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here