A plataforma sanitaria di que as reclamacións son atendidas “nun tempo récord”

O colectivo asesorará aos usuarios o vindeiro martes, 4 de setembro, no Hospital da Costa

Reclamacións na unidade móbil. PLATAFORMA

A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións (Umar) da Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña ubicarase o vindeiro martes, 4 de setembro, na entrada principal do Hospital da Costa. Será de 11.00 a 13.00 horas.

A mesa informativa ofrecerá de novo asesoramento aos usuarios respecto a dúbidas relacionadas con derivacións e agardas, e prestarán axuda para a redacción de reclamacións.

EN VIVEIRO, O DÍA 18

A unidade móbil da plataforma sanitaria regresará tamén a Viveiro tras un parón polo período vacacional. Estará no centro de saúde o martes 18 de setembro, de 11.00 a 13.00 horas.

“DE INMEDIATO”

O colectivo asegura que a maioría das reclamacións interpostas coa axuda da plataforma sanitaria “foron resoltas case de inmediato” pola dirección do Hospital da Costa, o que a xuízo da agrupación “dá unha idea da incompetencia xestora da Xerencia”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here