A plataforma polo tren denuncia a falta de atención de Xunta e Ministerio

O colectivo considera un agravio que a situación do servizo non se abordase na última reunión entre o goberno español e galego

Trens do servizo rexional

A Plataforma pola defensa do ferrocarril Ferrol-Ribadeo manifestou a súa “indignación” respecto a última xuntanza entre o Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia. O colectivo queixase de que as demandas de mellora do servizo non recibiran ningunha atención nese encontro entre o ministro José Luis Ábalos e Alberto Núñez Feijoo que, segundo o transcendido, se centrou no compromiso coa chegada do AVE e a potenciación do Corredor Atlántico.

“Quedou máis que certificado que  prefiren pasar do ferrocarril Ferrol-Ribadeo, dos concellos que atravesa e da xente que neles vive , tal e como se non existisen”, denuncia o colectivo. “No día no que falaron de multitude de obras en Galicia, non tiveron nin unha palabra, nin un xesto sobre o desastre que o noso tren sofre a diario”.

Desde a plataforma, consideran inexplicable o silencio ante os problemas dun “servizo de transporte público que une as comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Mariña – máis de 200.000 persoas-  e que conecta o norte de Galicia co resto da cornixa cantábrica”

A Plataforma considera que o agravio confirma que tanto o goberno central como galego pretenden un “peche encuberto” do servizo.

SUPRESIÓN DE LIÑAS

O colectivo cívico denunciou que as carencias do servizo continuaron nos últimos días, con dúas supresións de liñas rexionais e atrasos tanto o sábado como o domingo. O luns, engaden, tampouco se presetaron os servizos matinais a Ribadeo e Asturias.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here