InicioMovementos SociaisRecollida de sinaturas en apoio da manifestación a prol da sanidade pública...

Recollida de sinaturas en apoio da manifestación a prol da sanidade pública en Santiago o día 14

Colocaranse mesas informativas en tres centros, Ribadeo, Hospital da Costa e Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que percorrerá a comarca de oriente a occidente, con actos informativos e fará unha recollida de sinaturas en apoio á manifestación que o 14 de novembro percorrerá as rúas de Santiago en defensa da sanidade pública.

Estes actos consistirán na colocación dunha mesa informativa onde se explicará a veciños e veciñas os motivos que xustifican a realización da mobilización ao tempo que recollerá sinaturas de apoio. O primeiro dos actos será o xoves día 4 de novembro diante do Centro de Saúde de Ribadeo, ás 11 horas.

Continuaremos o martes día 9 co segundo dos actos diante da entrada principal do Hospital da Mariña, ás 12 horas . O último dos actos antes da manifestación será o mércores 10 de novembro diante do Centro de Saúde de Viveiro, ás 11horas.

Lembramos tamén que haberá autobuses gratuitos para desplazarnos a Santiago . Para anotarse basta con chamar aos teléfonos 982140654, 982581861 e 667052058. O último día para anotarse é o día 11 de novembro.

Desde o colectivo animamos a mariñás e mariñaos a que acudan de xeito masivo a Compostela o día 14 de novembro a defender a sanidade pública e a atención primaria, pois a loita é a única forma de mudar as cousas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...