InicioMovementos SociaisA Plataforma Sanitaria da Mariña desprazará a UMAR a Barreiros o 5...

A Plataforma Sanitaria da Mariña desprazará a UMAR a Barreiros o 5 de xullo para reclamar pediatra e médicos de familia

No caso do pediatra, compartido con Mondoñedo e Lourenzá, desde o día 1 ata o 17 de xullo as tres poboacións carecerán deste servizo pola decisión de non substituílo.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desplazarase ao centro de saúde de Barreiros o vindeiro martes 5 de xullo no seu horario habitual, de 11 a 13 horas, en resposta á grave situación pola que está a pasar, sen pediatra que substitúa as vacacións do titular e coa baixa de longa duración dunha médica de familia tamén sen substituir.

NON SE SUBSTITÚEN AS VACACIÓNS DO PEDIATRA

No caso do pediatra, compartido con Mondoñedo e Lourenzá, desde o día 1 ata o 17 de xullo as tres poboacións carecerán deste servizo pola decisión de non substituílo. A situación é grave e reiterada no tempo, xa que cada vez que o profesional colle un permiso ou unha baixa, a consulta pecha, quedando sen servizo de pediatría. Isto significa que a totalidade das revisións de neno san, a consulta a demanda por enfermidade e as urxencias deixan de prestarse, tendo que utilizar os servizos de urxencias se é preciso ou acudindo a pediatras privados se poden permitirse pagar a consulta.

A BAIXA DUNHA MÉDICA DE FAMILIA SEN CUBRIR DESDE HAI MESES

As cousas non están moito mellor no caso de médicos de familia, pois dos tres que hai o habitual é que solo estén dous, xa que a terceira leva meses de baixa sen ser substituída; se acaso, algún día envían un reforzo. A traducción práctica é que dous profesionais teñen que atender o cupo da médica ausente, sobrecargandose de traballo , o que redunda nunha diminución da calidade asistencial e aumenta a posibilidade de cometer erros. Esta situación viuse en numerosas ocasións agravada cando algún dos dous profesionais causou baixa ou tivo algún permiso e a totalidade da poboación de Barreiros dependía dun/ha soa profesional. A piques de recibir gran cantidade de turistas que triplicarán a súa poboación, “a asistencia sanitaria quedará no mellor dos casos en mans de dous médicos, pois tampouco teremos médico de desprazados este verán “- comentan desde o colectivo.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animamos aos e ás veciñas de Barreiros a que se acheguen ata o centro de saúde a facer a súa reclamación pois , segundo nos explica a súa coordinadora, Montse Porteiro, “ se gran parte da poboación reclama o que lle corresponde ou reivindica unha atención sanitaria digna e de calidade a resposta da administración cambia radicalmente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...