InicioMovementos SociaisO Observatorio dedicará a Axenda Feminista 2019 ás artistas visuais galegas

O Observatorio dedicará a Axenda Feminista 2019 ás artistas visuais galegas

O colectivo feminista presentará o calendario o venres na galería ribadense Terra Branca

Publicada o

- Advertisement -

A galería ribadense Terra Branca acollerá este venres, 14 de decembro, a presentación da Axenda Feminista 2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade, que está dedicada ás artistas visuais galegas.

Doce mulleres protagonizarán cadanseu mes do calendario, cunha imaxe súa, unha pequena entrevista sobre o seu traballo como artista e unha valoración con perspectiva de xénero.

Desde o colectivo feminista indican que o obxectivo é dar a coñecer o traballo de doce mulleres galegas en diferentes ámbitos, neste caso nas artes visuais. Noutros anos, a agrupación decantouse por profesionais do teatro ou a música, por exemplo.

A axenda custará 14 euros e poderá mercarse en librarías de toda Galicia. Na Mariña Lucense, estará á venta en Bahía (Foz), Nobel (Burela), Casa das Letras (Ribadeo) e Porta da Vila (Viveiro).

PRESENTACIÓN

O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, explica que “nos agradou a proposta de acoller a presentación porque a muller está moi presente nas nosas creacións”.

Leal anima “a asistir ao acto, no que contaremos con algunha sorpresa“. A presentación da Axenda Feminista celebrarase a partir das 20.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...