InicioMovementos SociaisA plataforma atenderá queixas sobre o servizo de pediatría en Mondoñedo

A plataforma atenderá queixas sobre o servizo de pediatría en Mondoñedo

A mesa de reclamacións do colectivo sanitario instalarase no centro de saúde mindoniense o martes 18 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (Umar), que impulsa a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, instalarase o martes 18 de decembro no centro de saúde de Mondoñedo.

A mesa informativa atenderá dúbidas e queixas relacionadas coa atención no centro, especialmente co servizo de pediatría que comparte profesional cos centros de Barreiros e Lourenzá.

A plataforma denuncia que o tempo dedicado a cada un dos municipios é insuficiente e que, nas baixas ou permisos da titular, o servizo queda sen cobertura, ocasionando “demoras inadmisibles nas consultas” e obrigando ás familias a acudiren a outras localidades ou ao Hospital Público da Mariña.

A unidade móbil ubicarase no centro de saúde mindoniense das 11.00 ás 13.00 horas.

TRASLADOS A LUGO

A plataforma sanitaria tamén se manifestou sobre a xestion dos traslados que se están a realizar no Hospital Público da Mariña.

O colectivo acusou á xerencia hospitalaria de “neglixencia e temeridade” por realizar o cambio nunha época de máxima ocupación e denunciou as derivacións de pacientes ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) por falta de camas.

PANCARTA

Ademais, amosan o seu respaldo á Xunta de Persoal do Hospital da Mariña, que o pasado martes denunciou ante a Garda Civil danos reiterados e intencionados á pancarta contra a supresión da área sanitaria que pende da varanda do centro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...