O PP propón crear unha mesa para elaborar un “plan económico” para Viveiro

Os populares presentarán no vindeiro pleno unha moción para abrir un diálogo que inclúa a todos os axentes da economía local

Vista aérea de Viveiro. AXM

O PP de Viveiro propón a creación dunha mesa de traballo que elabore un plan económico estratéxico para o municipio.

O grupo popular presentará no vindeiro pleno unha moción na que insta á corporacion a impulsar un “pacto social”, co obxectivo de deseñar unha “folla de ruta para a creación de riqueza local”.

Os conservadores sosteñen que o diálogo debe incluír a partidos políticos, sindicatos, patronal e outros axentes económicos locais como asociacions de artesáns e produtores ou “expertos e viveirense con peso social nacional”.

A moción argumenta que o concello se atopa nunha situación de “parálise” e que precisa “dun modelo e dunhas pautas a seguir”, que “comprometa” tamén á corporación e goberno local saídos das eleccións do vindeiro mes de maio.

axudas a autónomos, a bonificación do solo industrial ou a creación dunha marca propia son algunhas das proposicións

PROPOSTAS

O documento enumera algunhas das propostas dos populares no ámbito económico. Así, propoñen a bonificación do chan industrial e a baixada de impostos ou axudas a autonómos.

A creación dun banco local de emprego e prácticas profesionais, a creación dun centro de proxección forestal, o desenvolvemento dunha marca propia para productos locais, o deseño dun programa de acción turística ou a elección de “embaixadores” entre persoeiros vinculados ao concello.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here