InicioOccidentalA Rebolaxe convida ao San Xoán en San Cibrao

A Rebolaxe convida ao San Xoán en San Cibrao

O grupo organizará unha festa gastronómica e actuará o grupo de versións Mi Rollo es el Rock

Publicada o

- Advertisement -

O grupo A Rebolaxe, en colaboración co Concello de Cervo, organizará unha festa de San Xoán en San Cibrao. Será o 23 de xuño, a partir das 19.30 horas.

O colectivo organizará xogos populares para nenos e adultos, e haberá pancetada, chourizada e salchichas. A partir da unha da mañá comezará o concerto do grupo de versións Mi Rollo es el Rock.

Tamén se sorteará unha cesta de produtos típicos, ás doce e media da noite. Asistiron á presentación do evento, fronte ao Museo Provincial do Mar, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de cultura, Dolores García, e representantes de A Rebolaxe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...