(VÍDEO) Un clip do cervense Xaime Miranda, premio do público no Festival Primavera de Cine vigués

Obtivo o recoñecemento pola peza audiovisual 'De bruma e salitre', feita para o grupo Mileth

Gravación do videoclip. AXM

O realizador de Cervo Xaime Miranda levou o premio do público ao mellor videoclip na sección oficial do Festival Primavera do Cine de Vigo. Obtivo o recoñecemento pola peza audiovisual ‘De bruma e salitre‘, feita para o grupo musical Mileth.

Miranda contou con Iago Vilariño como director de fotografía, así como coa colaboración de veciñanza da Mariña Lucense para dar vida aos personaxes do videoclip que, como é habitual nos seus proxectos, foi rodado integramente na bisbarra.

Barreiros, Mondoñedo, Burela, Cervo e O Valadouro foron as localizacións onde se rodaron as escenas. Un dos membros do grupo, precisamente, é valadourense.

SEGUNDO GALARDÓN

É o segundo galardón que recibe Miranda este é o segundo galardón que recibe no mencionado festival. Na edición de 2018 tamén gañara o premio ao mellor videoclip por ‘Inferis‘, un traballo do director para a banda viguesa Basanta.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here