IniciosociedadeA Xunta arranxará con 432.000 euros as estacións de bus de Viveiro,...

A Xunta arranxará con 432.000 euros as estacións de bus de Viveiro, Burela e Ribadeo

Segundo a Administración galega, aprobouse unha encomenda de xestión á AXI para que as actuacións sexan executadas "este mesmo ano"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, anunciou este luns que a Administración autonómica vai executar “un plan de remodelación integral das estacións de autobuses” da provincia, cun orzamento cifrado en 732.603 euros e obras previstas en cinco terminais, entre elas Burela, Ribadeo e Viveiro.

O investimento, segundo a Xunta, será de 70.300 euros en Burela, de 161.800 euros en Monforte, de 140.400 euros en Ribadeo, de 124.100 en Sarria e de 221.300 euros en Viveiro. Así, as tres estacións beneficiadas da Mariña Lucense recibirían un gasto de 432.000 euros.

A Dirección Xeral de Mobilidade, segundo expuxo Balseiro, xa aprobou “unha encomenda de xestión” á Axencia Galega de Infraestruturas para que eses traballos de mellora sexan executados “este mesmo ano”.

OBRAS

En concreto, está prevista a reparación puntual e a mellora das cubertas, o acondicionamento das instalacións eléctricas e a iluminación, a reparación de pavimentos na zona de circulación de autobuses e a colocación de mobiliario en zonas de espera de viaxeiros.

Tamén está programada a renovación dos aseos e a reparación dos peches exteriores, falso teito e pantallas de información.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...