O Ceip de Cervo despide un programa Erasmus “enriquecedor para todos”

Dous profesores do centro participaron na avaliación final do proxecto, que permitiu ao alumnado e ás familias cervenses convivir con persoas doutros seis países europeos

Martínez e Basanta, a ambos lados, en Bucarest con outra docente do programa Erasmus. AXM

Dous mestres do Ceip de Cervo, o director, Manuel Raúl Martínez, e Esther Basanta, coordinadora do proxecto, asistiron esta semana en Bucarest á última reunión transnacional do proxecto Erasmus KA 219Creating, Communicating, Our Diversity We Are Celebrating!‘.

Nesta última reunión perfiláronse as últimas ideas e decisión con respecto á compilación do material producido durante estes dous anos, así como as últimas decisións referentes á avaliación e a diseminación final do proxecto.

INTERCAMBIOS

Neste proxecto participaron escolas de Grecia, Portugal, Lituania, Polonia, Rumanía, Turquía e España. Estudantes do Ceip de Cervo poideron coñecer así estes países e acolleron tamén aos seus compañeiros europeos.

“A experiencia foi tremendamente enriquecedora para tódolos participantes: mestres, alumnado, familias e comunidade educativa”, expuxo Fernández.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here