IniciosociedadeAprobado o convenio para construír a residencia de Ourol no antigo colexio,...

Aprobado o convenio para construír a residencia de Ourol no antigo colexio, por 1,4 millóns

A xunta de goberno da Deputación tamén deu luz aos acordos para financiar un campo de fútbol de herba artificial en Lourenzá e una tirolina no antigo trazado mineiro da Pontenova

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou este venres na xunta de goberno o convenio de colaboración co Concello de Ourol para a construción dun centro de día e residencia neste municipio mariñao, cun investimento de 1,4 millóns de euros.

Desta cantidade, o ente provincial achegará 1,2 millóns en catro anualidades (2019-2022) e o Concello un total de 200.000 euros.

O municipio tamén aporta os terreos. O Concello entregou á Deputación a certificación catastral da parcela e a resolución da Consellería de Educación sobre a desafección do CEIP Vicente Casabella, que a Xunta de Galicia pechou no 2015. Pois a proposta é situar nesta zona o centro de maiores, recuperando dito inmoble e dándolle un uso público e social.

Deputación e Concello realizarán en primeiro lugar os estudos xeotécnicos e de control da estrutura existente para logo redactar o proxecto básico. A previsión é ofrecer 50 prazas de residencia e 20 de centro de día.

RIBADEO

Este mesmo venres tamén se asinou o contrato das prestacións de limpeza, cociña e asistencia básica na residencia de Ribadeo, dotado de dous millóns ata xuño do 2022. Clece será a empresa adxudicataria. Formalizado este contrato e rexeitada pola xustiza a solicitude de PP e deputado non adscrito da súa suspensión inmediata, o centro de maiores pode comezar a funcionar.

este venres tamén se asinou o contrato, de dous millóns, polo que clece prestará servizos de limpeza, cociña e asistencia no xeriátrico de ribadeo

Das máis de 50 solicitudes de prazas, profesionais de servizos sociais de Deputación e Concello resolveron 30. Son de veciños de Ribadeo na súa maioría, aínda que tamén hai do Valadouro ou de Mondoñedo. Estes maiores serán polo tanto os primeiros que accederán de xeito inmediato a estas instalacións.

LOURENZÁ

Na mesma xunta de goberno deste venres, o executivo provincial tamén deu luz verde a un financiamento de 255.000 euros para a pavimentación con céspede artificial do campo de fútbol de adestramento de Lourenzá, e ao proxecto das obras.

Desde San Marcos expoñen que Lourenzá conta con dous campos de fútbol, un para as competicións oficiais e outro para adestrar, ambos de céspede natural. A obra acabará coas limitacións no tocante ás horas de emprego e favorecerá a práctica deportiva “dos 100 rapaces de distintas categorías que empregan estas instalacións a diario”.

o investimento no terreo de xogo de adestramento laurentino, de 255.000 euros, permitirá ampliar as horas hábiles da instalación

O proxecto aprobado inclúe os seguintes traballos: movemento de terras e escavación en baleirado ata acadar a rasante necesaria para a instalación do firme e dos pavimentos; drenaxe con canaletas nos laterais do campo, tubaxes de PVC e arquetas de fábrica de ladrillo ou bordos de formigón nos fondos do terreo de xogo. A pavimentación levará un tratamento superficial de base herbicida, base de saburra artificial de 20 centímetros.

Ademais, instalarase unha rede de rego con aspersores emerxentes, depósito prefabricado enterrado de 20 metros cúbicos e un grupo de bombeo. Colocaranse catro picas de córner e unha estrutura de para balóns de seis metros de altura. O campo, aseguran desde o ente provincial, pasará por un control de calidade e a obtención de certificación FIFA Quality ou FIFA Quality PRO.

A PONTENOVA

Finalmente, aprobouse o acordo entre a Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova para a dotación dunha tirolina de 330 metros cadrados que una a mina Consuelo e o forno Boulloso.

Este proxecto contará cun orzamento de 317.605 euros. Desta cantidade, a Deputación achega 300.000 euros e o Concello a parte restante. A maiores, o municipio está a adquirir os terreos necesarios no contorno da mina Consuelo para a súa execución. Esta iniciativa recupera o trazado das vagonetas que transportaban o mineral.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...