InicioCulturaO pregón das mulleres do mar abre as festas patronais de Burela

O pregón das mulleres do mar abre as festas patronais de Burela

Repasamos a axenda de ocio da fin de semana, con actuacións musicais para grandes e pequenos, eventos deportivos ou citas gastronómicas

Publicada o

- Advertisement -

O Xornal da Mariña repasa as actividades desta fin de semana de eleccións municipais e europeas.

BARREIROS

Fama e Olympus amenizarán pola noite a verbena na segunda xornada das festas de San Xulián de Vilamar, parroquia do concello de Barreiros. Ademais, haberá misa desde as 13.30 horas e despois sesión vermú.

BURELA

Este venres comezan as Festas Patronais de Burela, coa baixada da Vila do Medio. Trala misa, prevista para as 21.00 horas, baixaranse as imaxes en procesión ata a Igrexa Parroquial.

O sábado, as mulleres do mar ofrecerán o pregón, no que participarán, entre outras, dúas redeiras da asociación Cabo Burela ou Gloria González Niñe.

O décimo segundo Encontro de Palilleiras de Burela, que impulsan As Encaixeiras, tamén dará brillo á vila no inicio das patronais. Arredor de 800 persoas participarán na cita, que se celebrará na nave de Expomar de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas.

As opcións de título do Pescados Rubén Burela FSF pasan por gañar este sábado (Vista Alegre, 18.00 horas) ao Universidad de Alicante e esperar un tropezo do Atlético Navalcarnero -que xoga á mesma hora- contra o Leganés. Será o último partido na casa para o equipo laranxa.

Lara, do Pescados Rubén Burela FSF. AXM

CERVO

O café cultural A Sacabeira, no centro de emprendemento de Sargadelos, continúa coa súa oferta de ocio. O domingo, desde as 13.30 horas, propón un concerto á hora do vermú co grupo sancibrense Mi Rollo es el Rock.

MURAS

O sábado a Romaxe Artesá da Chaira, coa actuación de Sés (20.45 horas)como un dos pratos fortes do programa, que podes consultar nesta imaxe.

Programa da Romaxe Artesá de Muras. AXM

A PONTENOVA

A Festa das Flores de Vilameá inclúe o sábado misa, procesión, verbena con Elixir e cea. O tique para participar custa 16 euros e pódese adquirir en Zapatería Orli, Panadería Millán e Librería Eugenia.

RIBADEO

Ribadeo súmase á iniciativa Quere o teu Mercado con varias propostas para o sábado. Obradoiros para nenos, música e degustacións conforman o programa, que coincidirá coa habitual exaltación dos produtos da horta ribadense e que podes consultar na seguinte imaxe.

Programa de actividades en Ribadeo. AXM

VIVEIRO

Viveiro celebrará tamén o sábado o día dos Mercados cun programa repleto de actividades na Praza de Abastos.

Haberá un obradoiro de Cocteleiría con Domingo González, de Temple Cocktail Bar, e Marcelo Bartender, de Tiki Bora Bora e un showcooking con Víctor Valenzuela, do Restaurante O Muro, e Alejandro Balseiro, do Hotel Urban Viveiro.

Os asistentes tamén desfrutarán da amenización con disc jockey e actividades para o público infantilPirámide alimentaria, Imos pescar e Elaboración dunha mazá de globoflexia-.

Cartel da actuación. AXM

Cé Orquestra Pantasma ofrecerá o sábado dous espectáculos musicais no Pastor Díaz de Viveiro. Fíos do Querer (17.00 horas) está pensado para nenos de cero a tres anos, mentres que A Voar (18.30 horas) está dedicado a crianzas de ata sete anos de idade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...