A catalogación da fábrica como BIC, “un incordio” para Sargadelos

Sen aclarar se solicitou permisos a Patrimonio e o Concello para pintar a fachada, a empresa afirma que o deseño "respecta" os seus "sinais de identidade"

Pintado da cornixa na fachada de Sargadelos. AXM

Sargadelos pronunciouse este mércores a través dun comunicado en relación coa denuncia presentada por Mariña Patrimonio contra o pintado sen autorización da fachada da fábrica, declara Ben de Interese Cultural (BIC) desde 2014.

O colectivo asegurou que as intervencións non contan con permiso da Dirección Xeral de  Patrimonio nin tampouco con licenza urbanística, e informou da denuncia feita ante a Consellería de Cultura e o Concello de Cervo.

Sen aclarar se solicitou as autorizacións, a empresa defende que a actuación “respeta profundamente os sinais de identidade de Sargadelos”. Explica que as intervencións “seguen as directrices e orientacións do equipo de deseño”, detallando que “a cor da fachada é sensible ao conxunto de edificios”.

Así mesmo, o grupo detallan que a “decoración formada por cerchas, triangulacións e cores vivas formou sempre parte da singular arquitectura da factoría”.

A empresa queixase de que a catalogación do edificio como BIC é “unha carga e un incordio importante” para a operatividade da factoría.

Así, critica a decisión dos anteriores xestores de solicitar a declaración “no mesmo ano en que entrou a empresa en suspensión de pagos“, o que a xuízo da dirección do grupo empresarial “di moito da capacidade de xestión” dos seus predecesores, “máis preocupados do legado cultural que da viabilidade económica”.

CRÍTICAS A MARIÑA PATRIMONIO E CONCELLO

Tamén carga contra Mariña Patrimonio a que descualifica como “banda“. A empresa censura ao colectivo por “non denunciar as pintadas aparecidas nos accesos da fábrica insultando aos obreiros e directivos no seu conflito con Unión Xeral de Traballadores (UXT)”. As mencionadas mensaxes apareceron en dúas zonas da estrada de entrada ao complexo industrial.

Sargadelos tamén insta a MP a que “soliciten ao Concello a retirada dos colectores de
lixo situados na fachada”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here