InicioEconomía(AMPLIACIÓN) Jesús Maroño asume a planta de aluminio de Alcoa, que cambia...

(AMPLIACIÓN) Jesús Maroño asume a planta de aluminio de Alcoa, que cambia de presidente en España

Álvaro Dorado, actual vicepresidente de Enerxía en Europa, substituirá a Rubén Bartolomé, que exercía ambos cargos desde 2015

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa nomeou ao actual vicepresidente de Enerxía en Europa, Álvaro Dorado, novo presidente da compañía en España, en substitución de Rubén Bartolomé, que exercía este cargo desde xullo do 2015. No tocante á planta de aluminio de San Cibrao, o seu novo responsable desde o 12 de agosto será Jesús Francisco Maroño Cal.

Segundo sinalou a empresa nun comunicado, Dorado será responsable das relacións gubernamentais e institucionais de Alcoa tanto en España como ante as institucións e asociacións europeas. Tamén asumirá a vicepresidencia de Asuntos Internacionais.

Inxeñeiro químico pola Universidade de Salamanca, incorporouse a Alcoa en 2008 como responsable de enerxía e cambio climático con competencias sobre as operacións europeas dos negocios de produtos de valor engadido. Previamente, foi responsable de enerxía na área internacional do Banco Santander e Saint-Gobain.

Respecto á situación do sector en España, Dorado afirmou que o país “carece” dun marco enerxético “suficientemente competitivo e estable”, pese a considerar que a industria do aluminio primario en Europa e en España é “esencial para a descarbonización da sociedade debido ás propiedades únicas do material que producen”.

Álvaro Dorado Baselga. AXM

ANTERIOR XEFE DE PRODUCIÓN

Pola súa banda, Maroño Cal xa era xefe de produción da planta de aluminio de Cervo desde xaneiro de 2018, e suplirá tamén neste departamento a Bartolomé. Será o responsable da xestión da factoría “conforme ás políticas de Alcoa, enfocado a optimizar a satisfacción do cliente e alcanzar os obxectivos de negocio”.

Maroño incorporouse a Alcoa en decembro de 2001 e desde entón desenvolveu distintas responsabilidades na planta da Coruña e na organización global de Alcoa. Como xefe de produción, foi responsable das actividades xerais de produción e mantemento da planta de aluminio sancibrense, “acadando unha alta estabilidade e eficiencia“, remarca a multinacional.

O novo director da planta é enxeñeiro industrial e máster en Loxística pola Universidade de Vigo, Executive MBA por Caixanova Business School e Georgetown University, máster en Saúde e Seguridade, e máster en tecnoloxía de aluminio pola Universidade de Trondheim en Noruega.

SEGUNDO ALCOA, BARTOLOMÉ “DECIDIU DEIXAR” A EMPRESA

Segundo expón Alcoa, Bartolomé “decidiu deixar” a multinacional para “emprender novos proxectos profesionais tras 30 anos dedicados á industria do aluminio primario en España”. Iniciou a súa carreira en Avilés, onde foi nomeado director en 2005, e trasladouse a San Cibrao en 2008. No 2012 asumiu as responsabilidades de director xeranl do negocio de produtos primarios en España.

SEN CAMBIOS EN ALÚMINA

Segundo confirma a multinacional, non haberá cambios á cabeza da planta de alúmina. Raquel Vázquez seguirá á fronte deste departamento do complexo industrial sancibrense.

CONTEXTO DE DESLOCALIZACIÓN

As substitucións prodúcense nun contexto no que Alcoa vén de vender ao fondo suízo Parter dúas das súas tres plantas españolas, as da Coruña e Avilés, e no que ubicou a única fábrica de aluminio primario en España, a de San Cibrao, nunha situación de “inviabilidade” sen un abaratamento do prezo da luz, cuestión pola que mantén un pulso co Goberno central.

No último mes, Alcoa anunciou a redución da produción na planta de aluminio de San Cibrao nun 11,25%, incluíndo a parada de 32 cubas das 512 de electrolise. Xustificou este recorte en que a factoría deixa unhas perdas “de entre seis e sete millóns anuais“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...