Viveiro busca atraer turistas na World Travel Market de Londres

O Concello reunirase con touroperadores e axencias de viaxes na feira, referente do sector turístico

Reunión con Rubén Díaz Valcárcel, de Tee Travel. AXM

Viveiro estivo presente este luns no inicio da World Travel Market (WTM) de Londres, unha das citas máis importantes do mundo a nivel turístico.

A concelleira de turismo, Marisol Rey, e Ángeles Galdo, do Hotel Val do Naseiro, atópanse na capital do Reino Unido, onde teñen concertadas unha serie de citas con touroperadores e axencias de viaxes para promocionar o municipio, tanto na xornada deste luns como na do martes.

Entre outros recursos turísticos de Viveiro, a Semana Santa viveirense brillou no stand de Galicia.

Promoción da Semana Santa. AXM

XUNTANZA CON TEE TRAVEL

Entre as reunións mantidas na xornada inaugural, destacou a xuntanza con Rubén Díaz Valcárcel, de Tee Travel, touroperador especializado en sendeirismo, cicloturismo e viaxes culturais, axencia oficial e líder do Camiño de Santiago e con tres oficinas en Galicia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here