InicioSucesosO viveirense desaparecido foi visto por última vez nun bar ás 8.30...

O viveirense desaparecido foi visto por última vez nun bar ás 8.30 horas do domingo

A Policía Nacional, que remarca que "todas as hipóteses están abertas", comproba se houbo movemento nas súas contas bancarias ou gastos coas tarxetas de crédito

Publicada o

- Advertisement -

A Comisaría do Corpo Nacional de Policía en Viveiro estuda solicitar á autoridade xudicial permiso para rastrexar a localización do teléfono móbil do home de 34 anos, veciño desa localidade da Mariña Lucense, que permanece desaparecido desde o pasado sábado, cando non regresou a casa logo de participar nunha cea con compañeiros de traballo.

Fontes da Policía Nacional confirmaron a EFE que, neste momento, os axentes que se fixeron cargo da investigación están comprobando se houbo movemento nas súas contas bancarias ou gastos coas tarxetas de crédito desde o momento da súa desaparición.

Esperan, en todo caso, obter máis datos sobre o seu paradoiro cando a autoridade xudicial conceda permiso para rastrexar a localización do seu teléfono móbil, tendo en conta de que xa transcorreron 48 horas desde a súa desaparición.

Segundo confirmaron fontes policiais, a falta da declaración da testemuña, a última vez que se veu a Alejandro foi ás 8.30 horas do domingo, nun bar da localidade. Por agora, a Policía Nacional tenta compilar e seleccionar a información achegada, que nalgúns casos é contraditoria.

UNHA DESAPARICIÓN VOLUNTARIA, NON DESCARTADA

Alejandro Meitín San Isidro vestía no momento da súa desaparición un pantalón vaquero e unha camisa de cadros de cor azul, e viaxaba nun Ford Fiesta de cor gris.

Os mesmos informadores policiais confirmaron que, neste momento, “todas as hipóteses están abertas“, mesmo unha desaparición voluntaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...