O Concello completa a beirarrúa do polígono de Cuíña cun treito de medio quilómetro

A obra incluíu o acondicionamento dun aparcadoiro de 20 prazas ao pé do instituto

Visita do goberno local á zona. AXM

O Concello de Cervo anunciou a través dun comunicado de prensa que vén de recepcionar a obra da beirarrúa que conecta todo o polígono de Cuíña, que contou cun orzamento de 150.000 euros, o 70% procedente da Xunta de Galicia, a través do programa de axudas de Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais da Consellería de Industria.

Os traballos abranguen medio quilómetro de lonxitude nunha zona con gran afluencia de peóns que ata o momento carecía de espazos diferenciados para o tráfico rodado e os viandantes.

150.000 EUROS DE ORZAMENTO

O investimento inclúe, ademais da execución desta beirarrúa na Avenida da Veiga, o acondicionamento dun aparcadoiro ao carón do IES Marqués de Sargadelos cunha vintena de prazas –unha delas para persoas con discapacidade-,  e a reposición do firme diante do centro de día-residencia.

O alcalde, o popular Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, supervisaron a actuación. O rexedor subliñou que se trata “dunha zona moi transitada polos viandantes e cuxa seguridade se viu mellorada notablemente”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here