InicioEconomíaAlcoa ve as medidas "insuficientes" e di que "non xerarán estabilidade" ao...

Alcoa ve as medidas “insuficientes” e di que “non xerarán estabilidade” ao ir anualmente aos orzamentos

Tralo silencio da multinacional logo de que o Goberno avanzase o contido do estatuto das electrointensivas, os sindicatos aseguran recoller a visión da empresa

Publicada o

- Advertisement -

Os sindicatos do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao emitiron este venres comunicados nos que aseguran transmitir a visión da multinacional sobre as medidas avanzadas polo Goberno central na mesa de negociación polo futuro da planta de aluminio. Segundo expuxo o comité de empresa, a compañía ve o contido do estatuto das electrointensivas “insuficiente” e asegura que “non resolve o problema de estabilidade no tempo”, pois a lexislación sobre compensacións por emisións indirectas de dióxido de carbono (CO2)remata en 2020” e as cantidades a percibir deben ir “anualmente aos orzamentos“.

Trala reunión, tanto o director da empresa, Álvaro Dorado, como outras fontes da multinacional evitaron facer valoracións sobre o contido da reunión co secretario xeral de Industria e PYME, Raül Blanco, na que tamén participaron os sindicatos e a Xunta de Galicia. Tanto traballadores como o conselleiro de Industria, Francisco Conde, aseguraron que as medidas propostas “son insuficientes” para abaratar o prezo da enerxía, custo que segundo Alcoa fai “inviable” a planta de aluminio de Cervo, onde parou 32 cubas.

“O GOBERNO REDUCIRÍA AS AXUDAS UN 18%”, DI O COMITÉ

Á espera do visto bo da Unión Europea e da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) para aprobar o estatuto das empresas electrointensivas, ideado co obxectivo de aliviar o custo da luz ás grandes consumidoras de enerxía, o Goberno central avanzou algunhas das medidas que contén o documento.

Entre elas están a liberación dalgunhas peaxes -como a de renovables e a de custos dos territorios extrapeninsulares-, ademais do compromiso de manter no máximo as compensacións por emisións indirectas de dióxido de carbono (CO2) e do fomento de contratos bilaterais (PPA). Estas medidas, segundo o Executivo, “aspiran” a achegar o prezo da luz “aos 40 euros/megavatio/hora”, expuxo a CIG nun comunicado.

Segundo o comité de empresa, isto suporía que a redución da tarifa eléctrica alcanzaría os 14 euros/megavatio/hora, “menos aínda da rebaixa que se proporcionou en 2019, de 17 euros/megavatio/hora. O Executivo reduciría as axudas á industria electrointensiva un 18% con respecto ao 2019“, expuxo o organismo de representación dos traballadores este venres nun comunicado.

“SEGUIREMOS MOBILIZÁNDONOS”

“O estatuto non resolve o problema, pero alomenos temos unha leve idea do seu contido, o compromiso de convocar a mesa de novo -supeditado á publicación do documento- e poder seguir loitando por unha tarifa competitiva”, expuxo o comité, que agradeceu a participación na manifestación celebrada o pasado mércores en Madrid, e asegurou que “seguiremos mobilizándonos“.

En principio, os sindicatos convocarán aos traballadores en asemblea para comunicarlles o contido da reunión. O comité estuda a convocatoria de novas protestas, dado que entende que a planta de aluminio non ten por agora unha solución e en vista de que a multinacional non se comprometeu a garantir o emprego ata a aprobación do estatuto das electrointensivas, tal e como pedían as centrais sindicais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...