InicioSucesosO incendio dunha nave de rotulación en Celeiro, sen afectados, obriga a...

O incendio dunha nave de rotulación en Celeiro, sen afectados, obriga a mobilizar os servizos de emerxencias

O lume produciuse arredor das dúas e media desta tarde na rúa O Plantío, e segundo un primeiro avance do 112 non había persoas dentro do edificio

Publicada o

- Advertisement -

O incendio dunha nave de rotulación na rúa do Plantío de Celeiro obrigou a mobilizar os servizos de emerxencias. Segundo confirmaron varias fontes ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, no edificio non había ninguén no momento no que se espallou o lume, polo que non houbo que lamentar danos persoais.

O suceso aconteceu sobre as 14.20 horas deste martes, segundo a advertencia que recibiu o 112 Galicia. O CIAE mobilizou por precaución a Urxencias Sanitarias, e tamén a Bombeiros de Viveiro, Protección Civil de Viveiro, Policía Local, Policía Nacional e axentes das brigadas medioambientais da Consellería de Medio Rural.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...