(AMPLIADA) Un usuario de Betania, de 87 anos, terceira vítima mortal por coronavirus no Hospital da Mariña

Segundo informou a Consellería de Sanidade, o falecido tiña patoloxías previas

Hospital Público da Mariña. AXM

Un home de 87 anos é a terceira vítima mortal ingresada no Hospital Público da Mariña por mor do coronavirus, segundo informou este domingo a Consellería de Sanidade. A mesma fonte concretou que o falecido tiña patoloxías previas. Trátase, segundo confirmaron fontes do propio centro de maiores, dun usuario da residencia Betania, de Viveiro.

As tres persoas falecidas polo momento no hospital mariñao son homes, todos de avanzada idade. O primeiro falecido na bisbarra por mor do coronavirus foi un usuario da residencia ribadense Mirador del Eo, de 83 anos. O pasado venres morreu outro varón, de 90 anos.

356 MORTES EN GALICIA

Nas últimas horas documentáronse ata sete novos pasamentos en hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas): unha muller de 73 anos e dous varóns de 87 anos e 88 anos que estaban ingresados no CHUAC; un varón de 79 anos que estaba hospitalizado no CHUO; un varón de 84 anos que estaba ingresado no CHUF; un varón de 80 anos que permanecía no CHOP; e o falecido no centro hospitalario de Burela. Deste xeito, Galicia suma 356 vítimas mortais por mor da pandemia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here