InicioEconomíaO comité pide a "todos os partidos" que fagan fronte común pola...

O comité pide a “todos os partidos” que fagan fronte común pola “intervención inmediata” de Alcoa

Os sindicatos aseguran que "haberá que esperar" á semana que vén para retomar as protestas por mor do estado de alarma, pero anuncian "sorpresas" para loitar polos postos de traballo

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, pediu “a todos os partidos políticos e axentes sociais” que apoien a “intervención inmediata” da planta por parte do Estado, para evitar o despedimento de ata 534 traballadores e o desmantelamento do complexo industrial dedicado á produción de aluminio primario.

“Pedimos a todos os partidos políticos e axentes sociais que apoien a proposta do vicepresidente segundo do Goberno –Pablo Iglesias– para unha intervención inmediata da fábrica”, dixo Zan a EFE logo de participar na Comisión Permanente do Comité de Empresa, que se reuniu hoxe en San Cibrao para analizar o anuncio que onte fixo a dirección da multinacional.

O presidente do comité de empresa afirmou que a nacionalización da planta de aluminio primario é “factible, é viable” e debera estar como “primeira opción encima da mesa” para tratar de salvar a fábrica e os 534 postos de traballo directos que poderían desaparecer co peche da mesma.

Esa comisión permanente tamén se reunía para aprobar un calendario de mobilizacións, aínda que o presidente do comité precisou que “haberá que esperar”, polo menos ata a semana que vén, para reactivar as protestas, como consecuencia das restriccións impostas polo estado de alarma.

Nese sentido, Zan precisou que a intención do comité non é facer público neste momento ese calendario de mobilizacións, aínda que anunciou “sorpresas” nos próximos días, porque os traballadores están dispostos a “loitar ata o final” para defender os seus empregos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...