IniciosociedadeInvestigan a relación entre dous focos na Mariña que elevan o número...

Investigan a relación entre dous focos na Mariña que elevan o número de casos detectados a 18

O conselleiro de Sanidade admite catro novos positivos na comarca e afirma que se estuda a posibilidade de que teñan conexión co "brote orixinal" na familia de Xove

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade, a través de Saúde Pública, estuda a relación de dous focos na Mariña Lucense que elevan os positivos no brote detectado a 18 casos positivos, catro máis dos confirmados onte. Destas 18 persoas infectadas na bisbarra, só unha delas permanece en hospitalización, segundo confirma o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Así o sinalou este venres o conselleiro de Sanidade, o popular Jesús Vázquez Almuiña, ao comezo dunha rolda de prensa sobre os protocolos de seguridade para lecer nocturno e verbenas, na que indicou que o brote na comarca coruñesa de Barbanza “está controlado” e “non houbo ningún cambio” con respecto a xornadas anteriores.

O BROTE DA MARIÑA, “NA FASE DE CONTROL DE CONTACTOS”

Con todo, en relación á zona da Mariña, destacou que están “aínda na fase de control de contactos” e detectáronse “directos 11 casos” -que parten dun núcleo familiar de Xove, con infectados relacionados con esta familia en varios municipios da bisbarra-.

Ademais dos once positivos relacionados co brote localizado a partir do núcleo familiar de Xove, documentáranse outros tres contaxiados; un home de 71 anos, residente en Burela, que está ingresado por Covid-19 nunha planta do Hospital Público da Mariña; unha muller á que se lle detectou o virus ao someterse a unha proba protocolaria previa a unha operación; e unha terceira persoa infectada, estes dous últimos en atención domiciliaria.

Co exposto por Almuiña, o número de casos a priori non relacionados co brote no núcleo familiar de Xove ascende a sete. A Consellería considera que pode haber algunha conexión entre estes sete e os outros once positivos.

“Hai dous núcleos na mesma Mariña que, posiblemente, estean relacionados”, afirmou Almuiña, para puntualizar que o investiga Saúde Pública, “que poderían alcanzar un total de 18 (positivos) no brote” desta comarca lucense “se se confirman estes casos, que ata agora eran orfos, non tiñan ningunha relación causal co brote orixinal”, puntualizou. Con todo, o Sergas non confirma por agora onde se localiza este segundo foco de coronavirus na comarca.

“Estamos facendo os estudos de contactos e facendo probas diagnósticas“, apostilou o titular de Sanidade en relación con este brote na provincia de Lugo.

O CONSELLEIRO ALERTA DE QUE “NON SE ACABOU” A CRISE

Con todo, o conselleiro subliñou que non se acabou “aínda” a crise sanitaria. “Non vencemos a pandemia, estamos nunha situación epidemiolóxica boa”, manifestou, para incidir en que Galicia se sitúa como “a segunda comunidade con menos incidencia acumulada” nos últimos 7-14 días. “Seguimos traballando por facer que esta situación sexa estable, pero o virus está circulando e buscando cidadáns sensibles”, afirmou.

UN ÚNICO HOSPITALIZADO NA BISBARRA

O reconto oficial do Sergas deste venres non contabiliza por agora os catro positivos admitidos hoxe mesmo por Almuiña.

Os catro casos detectados o pasado xoves na Mariña Lucense, tres deles relacionados co brote de Xove, elevaban a 31 os positivos de Covid-19 na provincia de Lugo, segundo os datos oficiais.

Dos 31 pacientes de coronavirus da última estatística oficial, hai outra persoa hospitalizada, no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

A nivel galego, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 311, deles 81 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 21 da de Ourense, oito da de Pontevedra, 133 da área de Vigo, 26 da de Santiago e 11 da de Ferrol.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...