InicioEconomíaAlcoa alega "temer" polos seus delegados para rexeitar reunións; di que ofreceu...

Alcoa alega “temer” polos seus delegados para rexeitar reunións; di que ofreceu vías para unha venda “coas cubas funcionando”

A multinacional asegura que obreiros impediron "con intimidación e violencia" o acceso aos seus representantes e dá por zanxado o período de consultas

Publicada o

- Advertisement -

A multinacional Alcoa emitiu un comunicado de prensa no que asegura que non se van realizar máis reunións presenciais do período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado en aluminio, dado que “teme pola integridade física dos representantes”. A compañía argumenta que os seus delegados nas conversas “non poideron acudir” á xuntanza prevista este xoves para asinar a acta de desacordo dado que “un importante grupo de persoas con monos de traballo e distintivos da planta de San Cibrao impediron o seu acceso con intimidación e violencia“.

A dirección e asesores da multinacional foron recibidos por un grupo de obreiros que tirou ovos ás furgonetas nas que se desprazaban. A empresa, que tacha de “graves” os incidentes, asegura que a situación “obrigou aos vehículos a abandonar o lugar”. Deste xeito, requerirá vía telemática a sinatura da acta de desacordo.

Na nota, Alcoa tamén dá a súa versión da reunión que se celebrou entre os días 4 e cinco de agosto. Aínda que as conversas estiráronse durante máis de 30 horas, a multinacional fala de “14 horas de negociación”, nas que propuxo, asegura, “distintas alternativas que non só permitirían explorar unha potencial venda da planta de aluminio de San Cibrao coas cubas funcionando, senón ademais evitarían despedimentos a través dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) no caso de que dita venda non chegase a producirse. Todo iso permitiría o mantemento do emprego, polo menos, ata xullo de 2022″, manifesta.

ATRIBÚE AOS OBREIROS QUE NON HOUBESE ACORDO

A compañía acusa aos obreiros de que “fose inviable unha solución acordada á crítica situación que sofre a planta, con perdas semanais superiores ao millón de euros. Lamentablemente, todas as alternativas propostas foron rexeitadas pola comisión representativa dos traballadores”, salienta. Non explica na nota a súa negativa á proposta dos obreiros de suspender o ERE durante seis semanas para abordar unha venda coas cubas operativas, e retomar o despedimento colectivo o 21 de setembro de non facerse efectiva unha compra das instalacións.

Tampouco xustifica a súa ausencia na reunión convocada de urxencia o pasado xoves polo Goberno central, coa presenza de Xunta de Galicia, sindicatos e Liberty House, posible comprador da planta.

En diante, Alcoa sinala que conta con 15 días para comunicar a súa decisión á autoridade laboral.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...