IniciosociedadeDenuncian ante Traballo "serias deficiencias" nas residencias de Cervo e Trabada

Denuncian ante Traballo “serias deficiencias” nas residencias de Cervo e Trabada

SAE carga contra Mensajeros de la Paz por quendas "caóticas" e "falla de persoal", e cre "evidente" que "está fallando a avaliación de riscos e a planificación de medidas preventivas"

Publicada o

- Advertisement -

O Sindicato de Técnicos de Enfermería (SAE) anunciou a través dun comunicado de prensa que interpuxo unha denuncia ante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo polas “serias deficiencias” observadas na residencia de San Cibrao, en Cervo, de titularidade municipal e xestionada por Mensajeros de la Paz, así como no xeriátrico de Trabada, que xestiona a Deputación de Lugo e na que a mencionada empresa presta servizos.

O PERSOAL PADECE “ESTRÉS E ANSIEDADE”

A central asegura que a “caótica” organización das quendas de traballo e “a escaseza de profesionais” afecta pon “en perigo” aos traballadores e supón “un déficit da atención dos residentes“, que “ven afectado o seu día a día pola pésima disposición do traballo”.

“As quendas cámbianse constantemente e cun prazo de aviso aos traballadores
extremadamente curto“, denuncia SAE, que afirma que “tamén se lles obriga a gozar das xornadas de libranza en días festivos ou ter que compensar cun día libre un festivo que se traballou, en lugar de percibir a contía correspondente. Os empregados tampouco poden desfrutar dos permisos e licenzas contemplados no convenio de residencias da terceira idade de Galicia e hai operarios pendentes de que lles concedan as súas vacacións“, argumenta SAE, que sostén que estas condicións laborais provocan no persoal “problemas de ansiedade, estrés e outros asociados do ámbito psicosocial”.

“IRREGULARIDADES” NO COBRO DAS RETRIBUCIÓNS

SAE engade que “o cobro das retribucións tampouco está exento de irregularidades dado que se perciben con atraso, as pagas extras abónanse fóra dos prazos habituais e ata
algúns traballadores tamén comprobaron que non están dados de alta correctamente na Seguridade Social.

“Así mesmo, e ademais das condicións estrictamente laborais nas que estes traballadores
están desempeñando as súas funcións, existen serias deficiencias en canto á
xestión da Lei de Prevención de Riscos que poñen en serio perigo aos traballadores dado
o incumprimento da normativa no que respecta a xestión de residuos Covid-19, utilización de luvas apropiadas ou almacenamiento dos EPIs, por citar algúns exemplos”, expón SAE.

Na mesma liña, asegura que “é evidente que está fallando a avaliación de riscos e a planificación de medidas preventivas“, pero tamén “a información e a formación aos traballadores” ou os “controis periódicos das súas condicións de traballo”.

“Trátase dun fallo sistémico e en consecuencia os traballadores están expostos a riscos para a súa saúde“, di o sindicato, que cualifica esta situación como “intolerable”.

O sindicato anuncia tamén que interpuxo denuncia contra a xestión de Mensajeros de la Paz no xeriátrico de Trabada, xestionado pola Deputación e na que a empresa presta unha serie de servizos. “Aínda que son menos rechamantes” as situacións denunciadas, SAE indicou que “igualmente nos vimos obrigados a denunciar”.

OITO MAIORES FALECERON EN SAN CIBRAO E MÁIS DE 30 PERMANECEN CONTAXIADOS, ADEMAIS DE 13 TRABALLADORAS

No xeriátrico da Veiga, segundo os datos oficiais de onte, hai máis de 30 maiores contaxiados, ademais de 13 traballadoras, e faleceron un total de oito residentes.

Outras voces, como o BNG, amosáronse críticas coa xestión de Mensajeros de la Paz, reclamando o grupo nacionalista municipal a intervención da residencia de Cervo pola Xunta de Galicia. O Concello de Cervo, titular das instalacións, asegurou pola súa banda que tanto o Servizo Galego de Saúde (Sergas) como o goberno local “están permanentemente a intervir” na situación do centro, da que sostén que “non é concibible culpar a ninguén”.

No centro de maiores de Trabada coñécese por agora un único positivo, entre o persoal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...