IniciosociedadeViveiro acumula 58 positivos confirmados nas últimas dúas semanas e Xove 40

Viveiro acumula 58 positivos confirmados nas últimas dúas semanas e Xove 40

A situación epidemiolóxica nos dous concellos preocupa no día de reunión do comité clínico da Xunta ante posibles restricións; o Hospital da Mariña atende cinco pacientes con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 397, 23 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas localizáronse 41 positivos novos por PCR.

Dos 397 contaxiados, 14 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende cinco pacientes con Covid-19, por oito o HULA -entre eles os tres da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e un o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 145 falecementos, 6.449 altas e 6.993 contaxios acumulados. Fixéronse 123.071 probas PCR.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, e nas horas previas á reunión do comité clínico, trala que a Xunta de Galicia decidirá se se aplican novas restricións, preocupan concellos coma Viveiro, con 58 positivos confirmdos nas últimas dúas semanas, ou Xove, con 40, alomenos oito localizados na residencia San Bartolomeu. Estes dous termos municipais superan a taxa de incidencia acumulada de 250 contaxios por 100.000 habitantes. Ribadeo, en parte por mor do abrocho no centro de maiores, acumula 16, por dez Burela.

Lourenzá e A Pontenova son os únicos municipios da Mariña libres de Covid-19, mentres que O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Cervo, Foz, Barreiros, Trabada e Riotorto teñen entre un e nove casos, cunha incidencia acumulada especialmente significativa nos concellos vicedense e trabadense (por riba dos 250 casos por 100.000 residentes).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...