InicioEconomíaAlcoa atribúe a "esixencias adicionais" dos traballadores o desacordo na reunión

Alcoa atribúe a “esixencias adicionais” dos traballadores o desacordo na reunión

A empresa non concreta cales son as peticións que, segundo argumenta, desencadearon o desacordo e insiste en que a situación de San Cibrao é "insostible"

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa ofreceu este xoves, a través dun comunicado de prensa, a súa versión sobre a reunión mantida este xoves co comité de empresa de San Cibrao, unha xuntanza convocada trala oferta da compañía de “explorar” unha venda da planta de aluminio se o persoal levanta a folga indefinida que mantén no complexo industrial desde outubro. A finais do pasado mes de setembro, a multinacional rexeitara unha venda e teimara en aplicar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que foi tombado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Na reunión, segundo a nota, Alcoa explicou “a súa disposición a explorar de novo a venda da planta de aluminio de San Cibrao á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), tal e como viñeron demandando o Goberno e os representantes dos traballadores, na medida en que a folga se desconvoque“. Con todo, resalta a multinacional, “a compañía lamenta non lograr alcanzar un acordo, debido ás esixencias adicionais suscitadas pola representación dos traballadores, que Alcoa non puido aceptar”.

Fontes de Alcoa eluden concretar cales son as “esixencias adicionais” que mencionan como desencadeante do desacordo. A empresa “sempre actuou”, argumentan, “de boa fe” e está “comprometida co diálogo e a transparencia para alcanzar o mellor acordo posible” para facer fronte “á situación insostible” da planta de aluminio primario de San Cibrao.

NOVE MESES DE NEGOCIACIÓN, CON TRES FASES, PARA UNHA VENDA Á SEPI

Alcoa rexeitou unha suspensión temporal da folga e insistiu na necesidade de levantar o paro para iniciar unha negociación, que segundo concretaron os traballadores constaría de tres fases e duraría ata nove meses. Preguntadas sobre cando se celebrará unha nova reunión, as mesmas fontes indican que non hai data concreta para retomar as negociacións, aínda que con total probabilidade Alcoa e sindicatos volverán sentar a negociar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...