InicioCentralXunta e Estado retomarán en setembro a candidatura de Ribeira Sacra a...

Xunta e Estado retomarán en setembro a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A deputada do PSdeG, Noa Díaz, cargou contra a xestión da Administración galega da candidatura que, que centrou a "estratexia" na "espiritualidade" da zona.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta e o Goberno central retomarán no mes de setembro os contactos para relanzar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade despois do paso atrás dado hai unhas semanas despois dun informe negativo elaborado polo Icomos, órgano asesor da Unesco.

Así o avanzou o conselleiro de Educación, Cultura e Universidades, Román Rodríguez, en resposta a unha pregunta oral formulada pola deputada do PSdeG Noa Díaz sobre a retirada da candidatura, acordada pola Administración autonómica e a central.

“O Goberno galego segue crendo no potencial da Ribeira Sacra e por iso continuaremos abordando este desafío ata conseguir o si definitivo”, incidiu Rodríguez, que apelou á unidade de forzas políticas, institucións e sociedade civil para lograr o obxectivo de que a Ribeira Sacra sexa nomeada Patrimonio Mundial.

Na súa quenda, a parlamentaria socialista cargara contra a xestión da Administración galega da candidatura que, segundo Díaz, centrou a súa “estratexia” na “espiritualidade” da zona, algo que foi posto en cuestión polos técnicos do Icomos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...