InicioOccidentalO traballador de Vestas que viaxa en bicicleta a Dinamarca chega a...

O traballador de Vestas que viaxa en bicicleta a Dinamarca chega a Bruxelas e reúnese con eurodeputados galegos

Ana Miranda chama a "frear a desindustrialización" de Galicia, un proceso que é "especialmente preocupante na comarca da Mariña".

Publicada o

- Advertisement -

Unha delegación dos traballadores de Vestas, entre eles o exciclista profesional Alejandro Paleo, que viaxa ata Dinamarca para entregar unha carta á empresa e pedir a continuidade da fábrica, chegou este luns a Bruxelas e alí reuniuse con representantes de PP, BNG e PSdeG.

En concreto, na cidade sede das institucións comunitarias mantiveron un encontro cos eurodeputados Francisco Millán Mon (PP) e Nicolas González Casares (PSdeG), así como coa portavoz do Bloque en Europa, Ana Miranda.

A nacionalista, segundo informa nun comunicado, chamou a “frear a desindustrialización” de Galicia, un proceso que é “especialmente preocupante na comarca da Mariña”. “Sen industria non temos futuro”, destacou Miranda, quen defende a aplicación dun plan de emprego e industrialización para a comarca lucense.

Neste contexto, o BNG defende a paralización do ERE que presentou Vestas para a planta de Chavín, con 115 postos de traballo anunciados, xa que considera que non hai “ningunha razón obxectiva” que o xustifique: “É paradóxico que queiran pechar unha fábrica de aeroxeradores cando doutra banda asistimos ao fomento de instalación de parques eólicos que expolian os nosos recursos”.

De feito, Miranda urxiu a derrogación da reforma laboral, xa que o ERE, segundo denunciou, “non podería ser levado adiante” no caso de que este non estivese en vigor. “A realidade é que PP e PSOE non están a facer nada para salvar os postos de traballo en Galicia”, engadiu a portavoz do Bloque en Europa.

Alejandro Paleo partiu o pasado domingo 3 de outubro desde a planta de Chavín ata a cidade danesa Aarhus, onde se atopa a sede de Vestas, para entregar aos directivos unha carta na que o comité de empresa solicita que non se peche a factoría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...