Vestas asegura que seguirá buscando compradores para a planta de Viveiro ata 2023

Apunta aos sindicatos polo fracaso das negociacións do ERE. Francisco Conde lamenta que as reunións non se ampliaran.

Fábrica de Vestas en Chavín. GOOGLE MAPS

Vestas informa de que manterá a produción na planta de Viveiro ata o 31 de decembro  este ano, despois de que non se chegara a un acordo na negociación do ERE que afecta a 115 empregados. Nun comunicado este martes, a multinacional danesa apunta que os sindicatos UGT, CC.OO. e CIG rexeitaron a proposta da empresa, baseada en: a reconversión da planta nun centro de operación e mantemento para máis do 20% do persoal, a recolocación do resto dos empregados noutras instalacións de España, unha bolsa de emprego, a procura activa de alternativas industriais ata final de 2022 e indemnizacións de ata 45 días por ano traballado –máis un lineal de 250 euros por ano de antigüidade–.

Respecto diso, expón que propuxo unha batería de medidas que foron rexeitadas. Entre estas, destaca a reconversión da planta nun centro dedicado a tarefas de operación e mantemento, que empregaría a 24 persoas a partir do 1 de xaneiro de 2022. Para o resto dos traballadores, Vestas ofrecera “emprego garantido”, mediante un plan de recolocaciones internas noutros centros de España. Así mesmo, a empresa expuxo a posibilidade de que a totalidade dos empregados puidesen acollerse a plans de formación específicos para adecuar os seus perfís ás novas posicións laborais.

Ademais, Vestas indica que tamén apostou pola creación dunha bolsa de emprego con preferencia de contratación para aqueles traballadores da fábrica de Viveiro que non accedesen a recolocaciones ou postos na planta ou no resto dos centros de traballo.

PROCURA DE INVESTIDORES

Por outra banda, Vestas garante que buscará investidores para a planta de Viveiro “ata o final de 2022”. Contratou a LHH, compañía á que outorgou o mandato de identificar a un investidor “e que xa traballa estreitamente con KPMG, consultora á que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) encomendou a mesma tarefa”, así como con Invest in Spain, pertencente ao Ministerio de Industria.

Xunto a isto, a multinacional esgrime que, “durante todo o proceso, iniciado o pasado 20 de setembro, Vestas mantivo o seu compromiso de diálogo construtivo para lograr unha solución o máis satisfactoria posible para todas as partes afectadas e mostra diso é a ampliación, en dúas ocasións, do período de consultas ata onte, día 8 de novembro co fin de poder debater diferentes alternativas”.

En cambio, os traballadores acusan á compañía de “mala fe”. Comité de empresa, Xunta e Goberno reclamaran á empresa ampliar o período de consultas ata fin de ano, cuestión á que non accedeu Vestas. O Goberno galego identificara un total de nove posible investidores na planta da Mariña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here