Primeiras cartas de despedimento para o persoal de Vestas en Chavín

A empresa recoñece non ter "interese firme" en vender a planta e mantén o peche para o 31 de decembro.

Corte da estrada nunha protesta dos traballadores de Vestas / remitida

A multinacional Vestas empezou a notificar por carta os despedimentos ao persoal da fábrica de Chavín, en Viveiro, con indemnizacións con 28 días por ano traballado e un máximo de 12 mensualidades, como recolle o expediente de regulación de emprego (ERE), que está recorrido polos representantes dos traballadores.

“É un golpe de realidade sen dúbida”, lamenta o presidente do comité de empresa, David Mariño, consultado por Europa Press. En calquera caso, segue aberto o proceso polo cal a Xunta busca investidores interesados en facerse coa planta. A pasada semana, de feito, a conselleira de Emprego informou de que tres fondos de investimento estudan comprala, pero pon como condición que a factoría estea operativa. Pola súa banda, a compañía prevé pechar o próximo día 31 de decembro e avisou de que de momento aínda non hai “interese firme” para materializar unha operación.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here