InicioEconomíaPolémica entre PP e PSOE na Deputación pola reunión dos alcaldes co...

Polémica entre PP e PSOE na Deputación pola reunión dos alcaldes co comité de Alcoa

Candia afea a Tomé "non poder asistir" a unha xuntanza en Cervo e o presidente da Deputación dille que o pleno provincial extraordinario estaba "convocado antes" e que "delegue"

Publicada o

- Advertisement -

A situación da planta de Alcoa en San Cibrao, no municipio lucense de Cervo, formou parte do pleno extraordinario da Deputación de Lugo deste xoves, no que o presidente do goberno provincial, José Tomé, expresou o seu respaldo ás demandas do comité de empresa para evitar o peche do complexo industrial da multinacional, en San Cibrao.

A dirixente do Partido Popular (PP) e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, queixouse de que se convocou o pleno deste xoves de orzamentos unha hora despois de que o novo comité de empresa programase unha reunión cos alcaldes da Mariña Lucense.

TOMÉ TRANSMITE O “RESPALDO” AOS TRABALLADORES

Tomé xustificou que “estaba previsto hai tempo” o pleno de orzamentos e, por tanto, “estaba convocado antes de que se convocase esa reunión de Alcoa”. “E, ademais, os deputados que temos aquí que son alcaldes (María LoureiroViveiro, e Mayra García BermúdezTrabada) mandaron a representantes a esa cita”, apostilou.

“O que ten que facer o PP é delegar e se ten problemas para delegar, terao que explicar ela (por Candia)”, censurou o presidente provincial, quen mostrou o apoio dos socialistas ás reivindicacións destes traballadores. “Como mínimo tanto ou máis que o Partido Popular, porque nós no canto de sacarnos a foto, que é o que fai o PP, facemos propostas e achegamos solucións“, sostivo.

“O GOBERNO CENTRAL ESTÁ A ACHEGAR DIÑEIRO”, DEFENDE

“E o goberno de España está a achegar diñeiro, cousa que o PP na Xunta de Galicia non achega nada e, por certo, falaban moito de Alcoa antes das eleccións, todos os días e desde que pasaron as eleccións eu non vin a Feijóo falando de Alcoa. Onde está o proxecto industrial que ía presentar?”, afeou.

Isto, asegura José Tomé, obedece ao “nerviosismo” dos populares, porque saben “que a situación política non lles é favorable, nin en España nin en Galicia, e iso leva a este tipo de bandazos”.

CANDIA NON VE “NINGÚN AVANCE ESPERANZADOR”

Pola súa banda, Candia denunciou que “o presidente convocou o pleno extraordinario impedíndonos asistir aos alcaldes da Mariña co novo comité de Alcoa a unha reunión ao dez na propia planta”.

Seguidamente alertou de “novas negativas”, coa rebaixa nas condicións da poxa de interrompibilidade, e así apuntou que “onte (mércores) o alcalde de Foz do partido socialista”, na concentración neste concello que reuniu a máis de 5.000 persoas, “dicía que na publicación da poxa nos termos en que saíu é unha noticia moi preocupante e moi negativa”. “Non temos ningún avance en positivo e esperanzador para a continuidade da planta na nosa comarca”, concluíu Elena Candia.

ORZAMENTOS APROBADOS

No pleno extraordinario celebrado este xoves aprobáronse os orzamentos da Deputación de Lugo para 2020, de 91,7 millóns de euros. O PSdeG-PSOE remarcou que “o 33%” desta cantidade irá destinada a políticas sociais e outros 20 millóns ao Plan Único. Para o BNG, as contas “sosteñen o tecido cultural e asociativo” e “tentan que a Xunta faga o menor dano posible aos cidadáns da provincia”.

O PP, pola súa banda, asegurou que os presupostos “chegan tarde” e que están “deseñados contra Feijóo“.

A Deputación de Lugo aproba o orzamento de 91,7 millóns

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...