InicioPolíticaO goberno de Cervo contradí ao PSOE: 20 usuarios da residencia "son...

O goberno de Cervo contradí ao PSOE: 20 usuarios da residencia “son cervenses”

O Concello resalta que "tramitará axudas" para que os dependentes podan abaratar as prazas "entre 300 e 715 euros"

Publicada o

- Advertisement -

A edil de servizos sociais de Cervo, Pilar Armada, saíu ao paso das críticas do PSOE, que denunciou que “só 9 dos 32 usuarios” da residencia municipal de San Cibrao son do municipio. A concelleira afirma que hai “20 cervenses a día de hoxe” que teñen praza no centro e asegura que os socialistas están “instalados na mentira” e “xogan ao despiste” cunha actitude “irresponsable”.

PREZOS

Os socialistas lamentaron os “elevados” prezos do servizo, que contrastan coas “segundas pensións máis baixas do Estado”. Armada precisou que desde a súa área estanse a facer os trámites necesarios para que as persoas usuarias dependentes -que afrontan un maior custo- podan beneficiarse dunha axuda da Xunta de Galicia de libranzas vinculadas para residencias e centros de día, con importes que van desde os 300 aos 715 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...