O comité de Alcoa avanza que o Goberno presentará este luns o estatuto das electrointensivas

Trala presentación do documento abrirase unha semana de prazo para presentar alegacións

Concentración polo futuro de Alcoa ante a subdelegación do Goberno. EFE/ELISEO TRIGO

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao adiantou este sábado que os ministerios de Transición Ecolóxica e de Industria presentarán este luns pola tarde o estatuto das empresas electrointensivas, que permitirá abaratar o custo da enerxía e podería garantir a viabilidade da factoría.

Así o confirmou José Antonio Zan, quen este mesmo sábado o avanzou nunha entrevista na Radio Galega. En concreto, indicou que, segundo trasladou o Goberno aos sindicatos, a presentación será ás 17.00 horas.

Ademais, o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao explicou que desde ese momento “se abrirá un período dunha semana” para que todos os axentes implicados poidan formular as alegacións que estimen convenientes.

No entanto, Zan xa asume que o Goberno “non” establecerá un contrato cun teito e un solo para o prezo enerxético das electrointensivas como pedían, pero esixe que “como mínimo” o estatuto permita “que baixe dos 40 euros o megawatio/hora”.

Neste sentido, asegura que en países como Francia ou Alemaña o megawatio sitúase nos 31-33 euros e que “por cada euro de diferenza” no prezo, á planta de San Cibrao suponlle un custo de “tres millóns de euros“.

Así, Zan insiste en que o texto que lles trasladaron en xaneiro á mesa de seguimento “non chega”. “O que queremos ver é o estatuto no seu conxunto para poder facer unha valoración clara e poder facer números e saber exactamente en canto deixamos o prezo do megawatio en España”, engade.

CAMPAÑA

Alcoa puxo en cuestión a planta de aluminio primario de San Cibrao, altamente dependente da enerxía eléctrica, co actual prezo da luz.

Tras máis dun ano de protestas, este venres os traballadores de Alcoa-San Cibrao comezaron novas mobilizacións nos municipios da Mariña a través da distribución de lazos azuis e a repartición de carteis reivindicativos polos distintos comercios.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here