InicioPolíticaO Concello de Cervo axudica obras en Cervo, Rúa e San Cibrao

O Concello de Cervo axudica obras en Cervo, Rúa e San Cibrao

O goberno local arranxará o camiño á fonte de San Roque e as rúas Concepción Arenal e Penela do casco sancibrense

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo adxudicou obras nos núcleos de Cervo, San Cibrao e Rúa. Trátase de actuacións no camiño da fonte cervense de San Roque, nas rúas Concepción Arenal e Penela, do casco sancibrense, e no camiño Plantío-Lagoa-Pena Esvaradía.

CERVO

No caso do acceso ao manancial cervense, o orzamento da obra ascende a 80.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achegará a metade. Encargarase das actuacións Construcciones y Canalizaciones José Saá.

O ORZAMENTO DAS ACTUACIÓNS RONDARÁ OS 265.000 EUROS

SAN CIBRAO

No caso das dúas rúas de San Cibrao, o investimento será de 145.000 euros, que procederán integramente de fondos municipais. Carferlo S. L. será a empresa encargada das obras.

RÚA

A actuación en Rúa, que exectuará Excavaciones y Obras Marcos, S. L., enmárcase no Plan de Mellora de Camiños Municipais da Consellería de Medio Rural. O presuposto será de 39.632 eurosO goberno local prevé que as obras rematen antes de que acabe o ano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...