Cervo adquirirá novos terreos para ampliar o Museo do Mar de San Cibrao

A edil de Patrimonio lembra que todos os grupos aprobaron en 2007 que Deputación Provincial de Lugo asumise os custos do proceso de ampliación do Museo do Mar.

Cervo aquirirá terreos para ampliar o Museo do Mar de San Cibrao / remitida

O Concello de Cervo dá novos pasos para adquirir os terreos contiguos ao Museo do Mar de San Cibrao, para poder ampliar as instalacións, que xestiona a Deputación Provincial de Lugo desde que lle fora cedido no ano 2003, cando pasou a integrarse na rede museolóxica dependente deste organismo.

Deste xeito, o concello aprobará no pleno da vindeira semana a Modificación Puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento, comprometendo financiamento municipal para a adquisición desa finca anexa. Neste senso, a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés, lamenta a falta de sensibilidade do organismo provincial á hora de poñer en valor “ese inmenso legado patrimonial que agocha o Museo do Mar de San Cibro, que atesoura o corazón da historia mariñeira da comarca, e nomeadamente do noso Concello que é, ademais, o museo público do Mar máis antigo de Galicia”.

O museo contén moita doazóns, entre elas, documentación gráfica,fondos etnográficos e de fauna mariña ou cartas náuticas. Caramés recordou que xa no pleno municipal do 26 de setembro de 2007 a corporación cervense acordou por unanimidade (cos votos a favor do PP, do BNG e do PSOE) que a Deputación Provincial de Lugo asumise os custos do proceso de ampliación do Museo do Mar.

Nestes terreos que se propoñen para o aumento do Museo establécese a ordenanza Residencial mixta -espazo, en ordenación mixta, destinado xeralmente á vivenda e usos complementarios-; mentres que no Museo establécese a ordenanza Dotacional -propia de espazos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público tales como escolar, deportivo, recreativo, relixioso, sanitario, asistencia…-. Este cambio nas condicións urbanísticas permitirá pois o uso dotacional da superficie total que é de 2.568  m².

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here