InicioOccidentalCervoLiberty apraza ata o mércoles 9 a súa reunión co comité de...

Liberty apraza ata o mércoles 9 a súa reunión co comité de Alcoa

Mentras tanto, os traballadores seguen con actos reivindicativos ao longo da comarca de A Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao informou de que a reunión que tiña previsto manter este mércoles 2 de xuño co grupo británico Liberty, cuxa división de aluminio –Alvance– foi tamén a primeira empresa en mostrar publicamente o seu interese pola adquisición da factoría, quedou aprazada ata a próxima semana. Esa reunión producirase finalmente, segundo explicou a representación dos traballadores, o mércoles da próxima semana, día 9 de xuño.

Esta semana proseguen os actos reivindicativos por parte do comité de empresa e do cadro de persoal para demandar unha solución ao problema que arrastra a fábrica de aluminio primario de Alcoa desde fai un ano, cando a multinacional presentou o ERE para despedir a máis de 500 traballadores. Os empregados asistiron este luns ao pleno que se celebrou no Concello de Barreiros e este martes participarán a partir das 20:30 horas no de Cervo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...